Main Page
Main Page
News
De que vai
Proyections
Programa
More than cinema
Tickets
Jury and awards
Cans Guide
Photo Gallery
Credits
Contact us
Administrator
Last News
Honorary Award

O Premio Pedigree do Festival de Cans recae na súa cuarta edición en Antón Reixa, un artista de longa e polifacética traxectoria cultural. Ademais de escritor e músico, no eido audiovisual explotou distintas facetas: artista multimedia, director de cine e televisión, produtor, actor, guionista, presentador de radio e televisón... Reixa foi pioneiro dos videoclips en Galicia, un xénero polo que o Festival de Cans aposta este ano cunha nova sección a concurso.  Antón Reixa

Nos últimos anos Antón Reixa centrouse no seu traballo como director e produtor. En 1998 dirixiu a serie da TVG “Mareas vivas”, que supuxo un éxito sen precedentes para a ficción televisiva galega. Fundou entón a produtora Portozás Visión, que hoxe preside co nome de Filmanova. Dende esta plataforma produciu longametraxes como  “Lena”, “O ano da carracha” e “Galatasaray-Depor”, curtas como “Ciclo” e “O último chanzo”, e documentais como “Tucho Bouza, o emperador do Bronx”. 

En 2002 lanzouse á dirección de longametraxes con “O lapis do carpinteiro”, adaptado por el mesmo do libro homónimo de Manuel Rivas. Nos últimos anos está embarcado nunha segunda longametraxe da que é director e guionista e que se estrea a principios de maio. Trátase de “Hotel Tívoli”, unha comedia con reparto coral e internacional na que destaca a presenza dos galegos Luis Tosar, Mabel Rivera, Marta Larralde, Nancho Novo e Uxía Blanco.  

Ademais dunha intensa actividade no campo do audiovisual, o papel relevante de Antón Reixa como axitador da cultura galega débese tamén á súa participación no Grupo de Comunicación Poética Rompente, e a ser o líder de “Os Resentidos”, o grupo que nos 80 revolucionou a música pop galega cruzando hip-hop, muiñeira, rock e vangarda.

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.