Main Page
Main Page
News
De que vai
Proyections
Programa
More than cinema
Tickets
Jury and awards
Cans Guide
Photo Gallery
Credits
Contact us
Administrator
Last News
Tickets
Polo pequeno tamaño das salas nas que se proxectan as curtas a concurso, o número de entradas á venda para o Festival de Cans é reducido. Este ano hai dúas formas de conseguir entradas: venderanse 480 entradas o venres 16 de maio a partir das 20:00 horas no local parroquial de Cans. E disporemos a través da páxina web dun número limitado de 120 packs de entrada + camiseta, que se poderán reservar a partir do día 12 de maio. A continuación explicámolo con máis detalle.

Todo o que debes saber sobre as entradas...

En total poremos á venda 600 entradas que dan acceso ás salas nas que se proxectan as curtas a concurso.

Packs entrada + camiseta por InternetImage
O luns 12 de maio porase en funcionamento na web festivaldecans.com un servizo de reserva de 120 packs de entrada + camiseta do festival, ao prezo total de 14 euros. O número de packs dispoñible en Internet é limitado, e só se poderán reservar 2 por persoa. As entradas e as camisetas terán que recollerse o sábado do festival (24 de maio) entre as 11:00 e as 14:00 horas no punto de información situado no torreiro de Cans, indicando o nome, DNI e correo electrónico da reserva. O pago efectuarase ao recoller as entradas e camisetas. As que non se recollan antes desa hora poranse á venda a partir das 15:30 horas do propio sábado 24 de maio.

Venda directa en Cans
A maior parte das entradas poranse á venda o venres 16 de maio (víspera do Día das Letras) ás 20:00 horas no local parroquial de Cans. Serán 480 entradas para as que non se admiten reservas e só se poderán adquirir 2 entradas por persoa. Cada entrada ten un prezo de 6 euros.

A que me dá dereito a miña entrada?
A acceder ás salas nas que se proxectan as curtas a concurso (12 de ficción e 6 de animación). En total son 8 salas. Cada persoa percorre 4 salas para ver en 4 horas de proxeccións todas as curtas a concurso. Segundo o número do ticket, deberás seguir unha orde para así poder entrar en todos os alpendres.

Que podo facer se non teño entrada?
Podes asistir á maior parte das actividades do festival: todas excepto as proxeccións de curtas a concurso son de acceso libre e gratuíto. Non che fai falta ticket para acudir o xoves no Porriño á proxección dunha longametraxe e ao concurso de videoclips, o venres ás proxeccións no baixo do Moncho, e as actividades e concertos no torreiro de Cans, o sábado pola mañá ao coloquio na leira, a sesión vermú e demais propostas, e o sábado pola tarde-noite ao Jalpón Friki, os concertos e outras sorpresas que temos preparadas. E tampouco custa un peso pasear por Cans, gozar co ambiente do festival, tomarse unhas cañas e pasalo ben.
 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.