Entradas e merchandising
Entradas PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 09 de Maio de 2009

Polo pequeno tamaño das salas nas que se proxectan as curtas a concurso, o número de entradas á venda para o Festival de Cans é reducido. Este ano hai dúas formas de conseguir entradas: venderanse 450 entradas o venres 15 de maio a partir das 21:00 horas no local parroquial de Cans. E disporemos a través da páxina web dun número limitado de 150 packs de entrada + camiseta, que se poderán reservar a partir do día 13 de maio, mércores. A continuación explicámolo con máis detalle.

Todo o que debes saber sobre as entradas...

En total poremos á venda 600 entradas que dan acceso ás salas nas que se proxectan as curtas a concurso. Hai outras salas de acceso directo que non precisan tickets: o jalpón Friki e o espazo multiusos.

Packs entrada + camiseta por Internet
O mércores 13 de maio porase en funcionamento na web festivaldecans.com un servizo de reserva de 150 packs de entrada + camiseta do festival, ao prezo total de 14 euros. O número de packs dispoñible en Internet é limitado, e só se poderán reservar 2 por persoa. As entradas e as camisetas terán que recollerse o sábado do festival (23 de maio) entre as 11:00 e as 14:00 horas no punto de información situado no torreiro de Cans, indicando o nome, DNI e correo electrónico da reserva. O pago efectuarase ao recoller as entradas e camisetas. As que non se recollan antes desa hora poranse á venda a partir das 15:30 horas do propio sábado 23 de maio.

Venda directa en Cans
A maior parte das entradas poranse á venda o venres 15 de maio, ás 21:00 horas no local parroquial de Cans, ubicado á beira da igrexa. A Cola da xente que vaia chegando formarase na parte superior do local parroquial, á beira da porta da igrexa. Serán 450 entradas para as que non se admiten reservas e só se poderán adquirir 2 entradas por persoa. Cada entrada ten un prezo de 6 euros.

A que me dá dereito a miña entrada?
A acceder ás salas nas que se proxectan as curtas a concurso (12 de ficción e 5 de animación). En total son 8 salas. Cada persoa percorre 4 salas para ver en 4 horas de proxeccións todas as curtas a concurso. Segundo o número do ticket, deberás seguir unha orde para así poder entrar en todos os alpendres.

Que podo facer se non teño entrada?
En Cans case todo é gratuito. Podes asistir á maior parte das actividades do festival: todas excepto as proxeccións de curtas a concurso son de acceso libre e gratuíto. Non che fai falta ticket para acudir o xoves no Porriño á proxección dunha longametraxe e ao concurso de videoclips, o venres ás proxeccións no baixo do Moncho, e as actividades e concertos no torreiro de Cans, o sábado pola mañá ao coloquio na leira, a sesión vermú e demais propostas, e o sábado pola tarde-noite ao Jalpón Friki, os concertos e outras sorpresas que temos preparadas. E tampouco custa un peso pasear por Cans, gozar co ambiente do festival, tomarse unhas cañas e pasalo ben.

 
© 2012 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.