| Onde durmir |
|
Hai tres hoteis no Porriño que fan un prezo especial para o festival: Hotel Internacional. Outro dos núcleos máis animados do festival. Habitualmente hospédase aquí o xurado e outros convidados do festival. Hotel Parque. O hotel máis céntrico, cun amplo parking. Ten unha terraza marabillosa con árbores centenarias, en pleno parque do Cristo. Hotel Azul. Tamén no centro do Porriño. Ao igual que o Parque permitirache aproveitar as comodidades do centro da vila, e estarás cerca dos bares aos que se despraza a festa ao rematar o Festival.CONVÉN RESERVAR.Teléfono.- 986 330032
|