Onde durmir

Hai tres hoteis no Porriño que fan un prezo especial para o festival:
Tedes que chamar e avisar que vides ó festival. MOITO OLLO, RESERVADE CON ANTELACIÓN!

Hotel Internacional. Outro dos núcleos máis animados do festival. Habitualmente hospédase aquí o xurado e outros convidados do festival.
Queda na estrada de Cans. Pola autovia hai que coller a saída 305 PORRIÑO.
CONVÉN RESERVAR
Teléfono.- 986 330266

Hotel Parque. O hotel máis céntrico, cun amplo parking. Ten unha terraza marabillosa con árbores centenarias, en pleno parque do Cristo.
Unha parte dos convidados do festival tamén se hospedarán aquí este ano.
Aínda por enriba, á súa beira están tres obras do arquitecto Antonio Palacios: o Concello, a Botica Palacios, a Fonte do Cristo, además da casa natal do arquitecto nacido no Porriño. Ideal para o que lle interesen as rotas culturais.
CONVÉN RESERVAR.
Teléfono.- 986 331604

Hotel Azul. Tamén no centro do Porriño. Ao igual que o Parque permitirache aproveitar as comodidades do centro da vila, e estarás cerca dos bares aos que se despraza a festa ao rematar o Festival.CONVÉN RESERVAR.Teléfono.- 986 330032

 

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.