|
Bar do Festival. Ubicado no torreiro de Cans, no punto de encontro do festival. Aquí serán as proxeccións do venres noite e as actuacións do venres e do sábado. Caña Estrella Galicia fresquiña e empanadas deliciosas. Co servizo impecable da xente de Espacio Noite, a asociación de Bares nocturnos do Porriño. Bar Fortes. Un clásico do Festival de Cans. A típica tenda-bar de ultramarinos con cen anos de historia. É un dos epicentros do festival. As súas empanadas, tortillas e chourizos da casa foron catados xa por celebridades como Luis Tosar, Javier Krahe, Celso Bugallo ou José Sacristán, que non perdoou o rico chopiño de augardente de herbas. Está sempre a tope os días do festival. Xantar aquí o sábado ao mediodía é un bon plan, pero convén reservar. Teléfono: 615 858 786 Bar Moncho. Outro dos bares clásicos de Cans. Está na entrada de Cans, según se vén do Porriño. O bar onde xoga a partida todo o mundo en Cans. E no soto-adega do bar atópase unha das salas de proxección. O seu dono, Moncho Fortes, é un tipo peculiar. Emigrante retornado de Alemaña, bota parrafadas en alemán e toca a filarmónica. Se se anima, ata podedes facer peticións!, porque a veces se arman grandes saraos. O sábado ao mediodía despacha un pulpo delicioso. Se ides xantar varios, convén reservarlle mesas. Teléfono 986 333 000 A vella escola. Moi cerca do torreiro, unha nova opción para comer bo churrasco. Rexentado por Dani, colaborador habitual do festival. Se ides nos días do festival, convén reservar. Teléfono: 615 858 786 Lar de Maximina. Nas proximidades do Bar Moncho. Tapas deliciosas na terraza con mellor vistas de Cans. Os días do festival convén reservar. Teléfono: 986 334 831. Email:
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra los robots de spam. Necesitas ter Javascript activado para poder verlo
Outras opcions: Bar Castro, Restaurante Guanabara, na estrada do Porriño a Cans. Taberna de Herminia no Confurco, na estrada que vén de Ponteareas ao Porriño.
|