Onde comer

Bar do Festival.
Ubicado no torreiro de Cans, no punto de encontro do festival. Aquí serán as proxeccións do venres noite e as actuacións do venres e do sábado.
Caña de San Miguel fresquiña a 1 euro e empanadas deliciosas. Co servizo impecable da xente de Espacio Noite, a asociación de Bares nocturnos do Porriño.

Bar Fortes.
Un clásico do Festival de Cans. A típica tenda-bar de ultramarinos con cen anos de historia. É un dos epicentros do festival. As súas empanadas, tortillas e chourizos da casa foron catados xa por celebridades como Luis Tosar, Javier Krahe, Celso Bugallo ou José Sacristán, que non perdoou o rico chopiño de augardente de herbas.
Está sempre a tope os días do festival. Xantar aquí o sábado ao mediodía é un bon plan, pero convén reservar. O día do Festival van servir ostras!!

Bar Moncho.
Outro dos bares clásicos de Cans. Está na entrada de Cans, según se vén do Porriño. O bar onde xoga a partida todo o mundo en Cans. E no soto-adega do bar atópase unha das salas de proxección.
O seu dono, Moncho Fortes, é un tipo peculiar. Emigrante retornado de Alemaña, bota parrafadas en alemán e toca a filarmónica. Se se anima, ata podedes facer peticións!, porque a veces se arman grandes saraos.
O sábado ao mediodía despacha un pulpo delicioso.
Se ides xantar varios, convén reservarlle mesas.
Teléfono 986-333 000

Outras opcions: Bar Castro, Restaurante Guanabara, na estrada do Porriño a Cans.
Taberna de Herminia no Confurco, na estrada que vénn de Ponteareas ao Porriño.

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.