Main Page
Main Page
News
De que vai
Proyections
Programa
More than cinema
Tickets
Jury and awards
Cans Guide
Photo Gallery
Credits
Contact us
Administrator
Last News
Ampliación de programación
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

O IV Festival de Cans proxecta 26 curtas galegas e amplía a programación coa estrea de dúas longas, o concurso de videoclips, a “Can Parade” e o “Coloquio na leira” con Tristán Ulloa

Celébrase do xoves 24 ao sábado 26 de maio. As entradas póñense á venda o mércores 16. Increméntase o número de actividades de acceso libre

O PORRIÑO,  5 DE MAIO DE 2007

O Bar Fortes de Cans (O Porriño) acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición do Festival de Cans, que se desenvolverá os días 24, 25 e 26 de maio, aínda que este ano conta con numerosas actividades paralelas que se extenderán ao longo de todo o mes. O festival presenta importantes novidades na programación, como a estrea de dúas longametraxes, un espazo para artistas emerxentes do Porriño chamado “Can Parade” e o “Coloquio na leira”, que se inaugura este ano co actor e director Tristán Ulloa.

Na presentación participaron o alcalde do Porriño, Raúl Francés; o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias; o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará; o actor e membro do xurado, Víctor Fábregas; a representante da Asociación Cultural Arela, Corinne Pérez; e o director do festival, Alfonso Pato.

Novidades principais
Alfonso Pato explicou que “unha das novidades principais do festival é a ampliación da programación, co que se expanden os días e horas nos que se pode gozar das actividades”. Este ano estréanse dúas longametraxes, “algo moi significativo para un festival pequeno como o noso”. A primeira é “Abrígate”, do porriñés Ramón Costafreda, que se pasará o xoves 24 no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, precedida dunha actuación da cantante Uxía, que interpreta varios temas da banda sonora do filme. A segunda película é “Gritos en el pasillo”, unha animación de terror de espírito friqui protagonizada por cacahuetes, que se pasará o venres 25 no Baixo do Moncho, unha das salas do festival.

Outra novidade deste ano é a inclusión dunha sección para premiar o mellor videoclip galego. Os vídeos seleccionados poderán verse o xoves 24 no Pub Tubulart do Porriño. O xurado que os avaliará está formado pola xornalista Belén Regueira, o músico e realizador Víctor Coyote e o mítico locutor de Radio 3 Juan de Pablos, que a continuación ofrecerá unha sesión musical no mesmo local.

Corinne Pérez indicou que “as propostas do Festival de Cans van máis aló do cine. Por iso este ano se convidou a 16 creadores emerxentes do Porriño procedentes dos eidos das belas artes, o deseño, a publicidade e o graffiti para que reinterpretasen a silueta do Can do festival. Se Vigo ten a Cow Parade, o Festival de Cans ten a Can Parade”. O resultado desta proposta poderá verse dende o 18 de maio nos escaparates comerciais do Porriño, e o sábado 26 nas leiras de Cans.

Nesta edición tamén abrimos o sábado pola mañá para actividades do festival. Será entón cando se celebre o “Coloquio na leira”, no que este ano participará o coñecido actor Tristán Ulloa, que vén de estrearse como director co filme “Pudor”.

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.