Os 12 videoclips a concurso

Xa temos a lista de videoclips que participarán na nova sección deste ano na que se premia o mellor videoclip galego. Exhibirémolas o xoves 24 de maio á medianoite no Pub Tubulart do Porriño. Alí estará o xurado que vai valorar cal é o premiado. Fórmano Belén Regueira, xornalista e condutora de "Extrarradio" na Radio Galega; Víctor Coyote, músico de longa traxectoria e realizador de clips e documentais; e Juan de Pablos, mítico locutor de Radio 3 que leva máis de 28 anos á fronte de "Flor de Pasión". Ao rematar o pase de videoclips teremos unha sesión musical a cargo de Juan de Pablos. Todo isto con entrada gratuíta.

Podedes ver a selección completa dos videoclips aquí .

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.