Can Parade

A “Can Parade” reúne quince artistas emerxentes do Porriño que exhiben as súas versións da silueta do Can do Festival.

Poderanse ver dende mañá ata o venres 25 nos escaparates das rúas da vila, e o sábado 26 nas leiras da parroquia de Cans


Lista dos participantes na Can Parade:

    Agar: “International Can”
    Begoña Rodríguez García: S/T
    David Lemos: “Cans: perro cíclope”
    David Rollano: “InCandescente”
    Esmeralda L. Castro: “Corazón Walpole”
    Etsuenha: “Ar-Can-Xo”
    Javier Pérez Rego: “Se masca la tragedia”
    Jorge Bolado Moo: “O único premiado”
    Juan M. López Domínguez: “Ata que a morte nos separe”
    Magenta: “Raza lunática”
    Manuel Lorenzo: “Can de Cans”
    Pao: “James Dog”
    Roce: “Son máis raro que un can verde”
    Silvia Lorenzo Pérez: “Ata que a morte nos separe”
    Víctor Gil e Álvaro Justo: “Friki Can”

 

A Asociación Cultural Arela presentou hoxe na praza do Concello do Porriño unha das súas novas iniciativas para a cuarta edición do Festival de Cans: a Can Parade. Trátase dun evento que reúne a quince artistas emerxentes do Porriño. Cada un deles revisou a figura do Can do Festival, un dos elementos máis significativos do certame que se celebra en Cans do 24 ao 26 de maio.

Corinne Pérez, membro da A. C. Arela explicou que “a Can Parade xurdiu da vontade da asociación de abrir un espazo para a xente nova do Porriño que está facendo cousas interesantes nos eidos da arte, o deseño, o graffiti, a publicidade, etcétera. Ao mesmo tempo pensamos que se Vigo ten a Cow Parade, Cans tiña que ter a Can Parade”.

O resultado púidose ver hoxe por primeira vez na praza do Concello, onde se reuniron os quince cans e boa parte dos seus autores. Cada un deles tiñ como base unha silueta de madeira que transformaron ao seu criterio con resultados moi diversos pero todos eles de gran calidade.

As propostas presentadas son variadas, con técnicas moi diferentes, que van dende o uso do graffiti e da pintura ata a utilización de materiais como o metracrilato, seto artificial de plástico, xeso, telas, revistas ou papel de parede. Como resultado, podemos ver cans que lembran a un arcanxo, á carta de axuste, a un raro coma un can verde ou incluso unha parella de noivos no día da súa voda.

Os cans reinterprados polos artistas poderán verse dende mañá venres 18 ata o venres 25 en varios escaparates de comercios do centro do Porriño: nas rúas Domingo Bueno, Ramón González, Manuel Rodríguez, Ramiranes, avenida Bos Aires, Antonio Palacios, Cruceiro e Pinar. O sábado 26 trasladaranse a Cans, onde se exhibirán nas leiras da parroquia durante o transcurso do festival.

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.