Main Page
Main Page
News
De que vai
Proyections
Programa
More than cinema
Tickets
Jury and awards
Cans Guide
Photo Gallery
Credits
Contact us
Administrator
Last News
Premiados do Festival de Cans
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

“Sen chumbo” álzase como gran triunfadora do Festival de Cans ao conseguir os premios do xurado á mellor curta de ficción, actor e actriz.
A curtametraxe “Sen chumbo” de Jorge Saavedra proclamouse a gran triunfadora da cuarta edición do Festival de Cans ao lograr os tres premios do xurado para curtas de ficción: mellor curta, mellor actor e mellor actriz. O premio do xurado á mellor curta de animación foi para “Promesa”, de Fernando Cortizo.

 

O xurado estivo formado pola actriz, profesora e realizadora Mariana Carballal, os actores Víctor Fábregas, Víctor Mosquera, Manuel Manquiña e Javier Gutiérrez, a xornalista Mar Barros e o director Ramón Costafreda.
Os membros do xurado destacaron a alta calidade de todas as curtas presentadas na sección de ficción, o que complicou a decisión final. De “Sen chumbo”, o xurado valorou que se trata dunha “curta cunha realización moi sutil, que consegue contar os puntos de vista de moitos personaxes en pouco tempo, cun gran traballo de montaxe e un reparto coral no que todos os actores e actrices están espléndidos”.
O xurado fixo unha mención especial a “As carreiras secretas” de Antón Coucheiro “Cou”, da que valora que é “unha historia moi fresca e moi ben resolta con poucos medios”.
O premio do xurado á mellor actriz recaeu en Cristina Castaño, polo seu papel en “Sen chumbo”, porque “aínda que ten pouco espazo, a actriz é capaz de crear un personaxe elegantemente malvado que dá o contrapunto á historia”.
O premio ao mellor actor foi para Xulio Abonjo, tamén polo seu papel en “Sen chumbo”. O xurado subliñou “a composición dun personaxe no límite, co que consegue manter o equilibrio sen caer na caricatura; nun traballo interpretativo que logra que todas as historias da curta conflúan nel”.
En canto á animación, a mellor curta segundo o xurado foi “Promesa”, de Fernando Cortizo, da que valora especialmente “a complexidade da historia que se conta, que consegue captar o interese do espectador”.
O sábado Cans foi un éxito en canto á aflencia de xente. Xa ao mediodía reuniuse un grupo nutrido para escoitar ao actor e director Tristán Ulloa nun coloquio que se desenvolveu na leira de Alicia, para a continuación bailar coa particular revisión dos clásicos máis animados do cine a cargo de The Turre's Band.

Trala comida, iniciouse o desfile de chimpibuses. Foron nove as agro-limusinas atestadas de xentes do cine e veciños da aldea que se desprazaron do baixo no que se serviu o xantar oficial ata o torreiro de Cans. Alí ían os membros do xurado, o premiado de honra Antón Reixa, outros rostros coñecidos do audiovisual e da música de Galicia xornalistas, directores de curtas... Todos eles acompañados polo ritmo de The Turre's Band.
Ás 16:30 horas comezou a dispersión en chimpibús polas diferentes salas co inicio das proxeccións. Unha vez máis trátase de cobertizos, galpóns, baixos e adegas transformados para a ocasión en excelentes salas de cine. Alí puidéronse ver as curtas a concurso, doce de ficción e sete de animación, ademais das outras sete que participaron na sección “Jalpón Friki”, escenario para as maiores extravagancias e irreverencias filmadas en Galicia nos últimos meses.
A xornada do sábado complétase coa actuación de Tony Lomba e Elio dos Santos no descanso das proxeccións, a entrega dos premios do público e do xurado e a actuación estelar final dos Festicultores.

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.