|
Sábado, 12 de Xaneiro de 2008 |
|
BASES PARA A PRESENTACIÓN DE VIDEOCLIPS AO V FESTIVAL DE CANS A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de videoclips para a súa selección na V edición do Festival de Cans. As bases son as seguintes:
1. Os videoclips que se presenten deben ser de músicos ou grupos galegos, ou de autor/a galego/a, realizados nos anos 2006, 2007 ou 2008. 2. Deben enviarse en soporte DVD antes do 15 de marzo de 2008 á seguinte dirección: Asociación Cultural Arela Aptdo. de Correos 232 C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra) 3. Os videoclips seleccionados serán exhibidos dentro da programación do V Festival de Cans, que se desenvolverá do 21 ao 24 de maio de 2008.
Asociación Cultural Arela 15 de xaneiro de 2008
|