Bases para a presentación de curtametraxes 2010
Luns, 18 de Xaneiro de 2010

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE CURTAMETRAXES AO VII FESTIVAL DE CANS 

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de curtametraxes para a súa selección para participar na VII edición do Festival de Cans. 

As bases son as seguintes:  

1.    As curtametraxes que se presenten deben ser curtametraxes galegas dos anos 2008, 2009 ou 2010. A efectos de participación neste festival, por curtametraxes galegas enténdense pezas producidas por produtoras de Galicia, feitas en Galicia ou cux@ director/a sexa galeg@.  

2.    Establécense dúas categorías a concurso: 
a) curtametraxes de animación; 
b) curtametraxes de ficción. O certame admite ademais todo tipo de curtametraxes que poden ser incluídas noutras seccións fóra de concurso.   

3.    A duración de cada curtametraxe non superará os 30 minutos.  

4.    Establécense os seguintes premios, coa dotación económica que se indica: 
a) premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: 1.500 € e Can de Pedra; 
b) premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: 1.500 € e Can de Pedra; 
c) premio do público á mellor curtametraxe de ficción: 1.000 € e Can de Pedra; 
d) premio do público á mellor curtametraxe de animación: 1.000 € e Can de Pedra; 
e) premio do xurado á mellor actriz: Can de Pedra; 
f) premio do xurado ao mellor actor: Can de Pedra.  

5.    As curtametraxes deben enviarse antes do 15 de marzo de 2010 ao seguinte enderezo:Asociación Cultural ArelaAptdo. de Correos 232C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)  

6.    As curtametraxes enviaranse en formato DVD e acompañaranse dunha ficha técnica da curtametraxe e dúas imaxes dixitais en formato JPG:
a) un fotograma;
b) un cartel.  

7.    Indicarase por escrito o nome da persoa ou entidade que recibirá o premio económico en caso de resultar gañadora nalgunha das categorías á que se presente.   

8.    As curtametraxes seleccionadas serán exhibidas dentro da programación do VII Festival de Cans, que se desenvolverá do 19 ao 22 de maio de 2010.

 

Asociación Cultural Arela
18 de xaneiro de 2010

 
Bases para a presentación de videoclips 2010
Luns, 18 de Xaneiro de 2010

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE VIDEOCLIPS AO VII FESTIVAL DE CANS 

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de videoclips para a súa selección para participar na VII edición do Festival de Cans. 

As bases son as seguintes:  

1.    Os videoclips que se presenten deben ser de músic@s ou grupos galegos, ou de autor/a galeg@, realizados nos anos 2008, 2009 ou 2010.
  
2.    Establécense os seguintes premios, coa dotación económica que se indica: 
a) premio do xurado ao mellor videoclip: 300 € e Can de Pedra; 
b) premio do público ao mellor videoclip: 300 € e Can de Pedra.  

3.    Os videoclips deben enviarse en formato DVD antes do 15 de marzo de 2010 ao seguinte enderezo:Asociación Cultural ArelaAptdo. de Correos 232C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)  

4.    Indicarase por escrito o nome da persoa ou entidade que recibirá o premio económico en caso de resultar gañadora nalgunha das categorías á que se presente.  

5.    Os videoclips seleccionados serán exhibidos dentro da programación do VII Festival de Cans, que se desenvolverá do 19 ao 22 de maio de 2010.    

 

Asociación Cultural Arela
18 de xaneiro de 2010

 

 
© 2014 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.