VELLAS
Sábado, 16 de Maio de 2009
Ano 2008 / 6 min.
Dirección e guión: Carlos Prado
Actrices: Amalia Touriño, Aurora García
Montaxe: David González
Sinopse: Malita e Aurita son dúas septuaxenarias, que son veciñas,comparten tarefas no campo e empezan a ter unha amistade demasiado íntima. Ata que un percance se cruza nas súas vidas. Será para ben ou para mal? Unha curta tenra, emotiva, e para ver cun sorriso.
Xénero: Comedia dramática
O detalle: A protagonista é a propia avoa do director. Fíxate nos traballos do campo, rodados como se fosen performances.

Vellas