Aberto ata o 16 de marzo o prazo para presentar curtas e clips a concurso

 

Do 23 ao 26 de maio volve o Festival de Cans! Estamos xa traballando nunha nova edición na que esperamos manter (como mínimo!) o nivel de calidade e diversión de anos anteriores. Para iso é imprescindible contar cunha boa selección de curtametraxes e videoclips galegos. Por iso abrimos ata o 16 de marzo o prazo para que nos enviedes a s vosas producións.

 

Como sempre falamos de curtas galegas (feitas en Galicia, producidas por unha produtora galega ou dirixidas por directores/as galeg@s) e producidas entre 2010 e 2012. No caso dos videoclips, buscamos pezas dos mesmos anos de grupos ou artistas galegos ou dirixidas por galeg@s. Consultade as bases e enviádenos os vosos traballos!

Ler máis...
 
And the Can de Pedra goes to...

Alá foi o VIII Festival de Cans: longametraxes de postín, concertos (de novo) ata nos galiñeiros, coloquios con algúns dos mellores cineastas daquí e dacolá e unha manchea de excelentes curtas. Catro días de intensa actividade que nos deixaron recordos suficientes para alimentarnos nos próximos meses, mentres contamos as semanas, os días, as horas que faltan para que volte o agroglamour.

Este foi o ano no que ampliamos o aforo das salas, o ano no que os veciños de Cans e o alumnado da Universidade de Vigo fixeron que o Can Campus fose un éxito, o ano da consolidación do Jaliñeiro Unplugged, o ano dos concertos máis rockeiros e o ano dos coloquios máis multitudinarios e participativos. E este foi, sobre todo, o ano de María Pujalte, Xacio Baño, Javier Veiga, Celso Bugallo, Vicente de Souza... e o resto dos gañadores da oitava edición do Festival de Cans. Son os seguintes:

Ler máis...
 
 


Twitter

Â