Extra, extra: o CanZine sae do prelo o xoves!

Como todo gran festival, o de Cans tamén ten a súa propia publicación oficial, o CanZine, que sae á rúa este xoves cunha tirada de 5.000 exemplares e vén cargado de sorpresas. Sen ir máis lonxe, na entrevista de Isabel Coixet a cineasta declara que non descarta gravar en Cans algunha escena do seu próximo filme. "Non é unha historia tan urbana e estou convencida de que en Cans atoparemos algún lugar para a película", comenta ao respecto. CanZine presenta así a súa segunda edición, de novo de balde e dirixido por Diego Giráldez e Amparo Rodríguez.

 

Ler máis...
 
A VENDA DE ENTRADAS: QUE NON SE CHE PASE!

O venres 11 ás 9:00h poñemos á venda 250 packs de entrada + camiseta (con pegata de regalo) para reservar a través da web.
As entradas poderán mercarse tamén o mércores 16 ás 19:00h no local social de Cans.

No apartado "Á Venda / Entradas" da web tedes toda a información.
Nese mesmo apartado (AQUÍ) poderedes reservar as entradas o venres 11.

 

 
 

Twitter