NOVAS
Cans'12: máis galego e con máis conexión música-audiovisual

O IX Festival de Cans chega cunha morea de novidades na edición máis atractiva, máis galega e con maiores conexións entre música e audiovisual. Será do 23 ao 26 de maio en Cans (O Porriño): catro días de programación con curtas, longametraxes, imaxes inéditas, xéneros novos e máis de 20 actuacións musicais.

 

Ler máis...
 
O Universo Crebinsky chegará a Cans o venres 25

O Universo Crebinsky chegará a Cans o venres 25 de maio. A Banda Crebinsky, responsable da música do filme do que toma o nome, fará unha dobre actuación no festival para acompañar a estrea do seu novo videoclip “Un piato”, gravado en Cans no marco do proxecto Can Campus coa participación de Tony Lomba e Ricardo de Barreiro. A banda fará o pasarrúas desde o Bar de Moncho ata o torreiro, e logo un concerto previo á actuación de Xoel López.


Foto: Alba Colino

Ler máis...
 
A VENDA DE ENTRADAS: QUE NON SE CHE PASE!

O venres 11 ás 9:00h poñemos á venda 250 packs de entrada + camiseta (con pegata de regalo) para reservar a través da web.
As entradas poderán mercarse tamén o mércores 16 ás 19:00h no local social de Cans.

No apartado "Á Venda / Entradas" da web tedes toda a información.
Nese mesmo apartado (AQUÍ) poderedes reservar as entradas o venres 11.

 

 
Desta vai, Isabel Coixet estará en Cans!

Conseguimos convencer unha vez máis a Isabel Coixet. Logo do infortunado accidente que a levou a suspender o seu Coloquio na Leira o ano pasado, a cineasta aceptou volver nesta edición o sábado día 26. Ademais farao cunha proposta moi especial: lerá en exclusiva para o público de Cans o guión da súa próxima película Elisa y Marcela. Coixet quere chequear como funciona o texto entre o público, polo que quen sinta a necesidade poderá interrompela cando queira para facer achegas, iso si, construtivas. Non vos parece ben inusual que unha cineasta dea a coñecer publicamente o guión dunha película que aínda non comezou a rodar? Pois si, señoras e señores, cousas así só suceden en Cans.

 

Ler máis...
 
Cans estreará en primicia "Personal Movie" de Héctor Carré

Última hora desde Cans: este ano o festival acollerá en primicia a estrea da longametraxe Personal Movie, de Héctor Carré, anticipándose á súa chegada ás salas comerciais. Producida por Sun Lua, Filmanova e coa colaboración de TVG e AGADIC, este filme está protagonizado por Santi Romay e conta no elenco con Chete Lera, Miguel de Lira, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Isabel Blanco e Deborah Vukusic. A película proxectarase o xoves día 24 de maio no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, na tradicional Noite de Estrea do festival. O director e o equipo artístico xa confirmaron a súa asistencia e, como é habitual, desfilarán en chimpíns polo Porriño antes do pase.

Ler máis...
 
Superheroes e bailes de película na rodaxe do Can Campus

Os máis de 30 estudantes de Comunicación Audiovisual que participan este ano no proxecto Can Campus viviron de preto o ritmo frenético de dúas xornadas de traballo en Cans. Durante o domingo e o luns gravaron dous videoclips dos grupos Medomedá e Glasgow, así como varios vídeos promocionais do Festival de Cans e un making of de todo o proxecto. Malia o tempo desapracible traballaron a reo en distintos exteriores da parroquia de Cans, mesmo no alto do monte Castelo. Mañá e o sábado tócalles rematar as pezas en localizacións interiores e farano nos estudos da súa facultade, a de Ciencias e da Comunicación de Pontevedra.

Ler máis...
 
Cans transfórmase nun gran plató de gravación

Había dúbidas por mor deste tempo húmido tan esperado, pero finalmente, se Meteogalicia non nos engana, a chuvia daranos unha tregua o domingo e o luns. Así que, Cans volverá converterse nun plató de gravación de videoclips durante eses días, 15 e 16 de abril, para levar adiante a segunda edición do proxecto Can Campus. Serán dúas xornadas longas, cun plan de rodaxe intenso de mañá e tarde que implicará a máis de 75 persoas entre estudantes, profesores, grupos musicais e veciños que participan na gravación.

Ler máis...
 
«InicioAnterior123456SeguinteFinal»

Páxina 1 de 6

Twitter