|
O VII Festival de Cans deixounos bo sabor de boca e unha xeitosa colección de momentos especiais. Ademais ofreceunos unha panorámica da produción audiovisual galega do momento. Os premios estiveron este ano moi repartidos, con votacións axustadas, galardóns ex aequo e mencións especiais: dá gusto poñerllo difícil a xurados e público. E finalmente, os gañadores dos premios do VII Festival de Cans son...
Premio de honra Pedigree´010: Ernesto Chao
Premio do xurado á mellor curta de ficción: Rodilla, de Juanjo Giménez
Premio do xurado á mellor curta de animación: A nena que tiña unha soa orella, de Álvaro León
Mención especial do xurado á curta de animación: Mi vida en tus manos, de Nuno Beato
Premio do xurado dos veciños á mellor curta de ficción: Padre modelo, de Alejandro Marzoa
Premio do público á mellor curta de ficción: Instalación, de Xosé Díaz
Premio do público á mellor curta de animación: Pequena gran aventura, de Juan Carlos Abraldes
Premio do xurado ao mellor actor: ex aequo para Fernando Cayo e Javier Gutiérrez por El vendedor del año
Premio do xurado á mellor actriz: Nuncy Valcárcel por Coser e cantar
Premio do xurado ao mellor videoclip: ex aequo para “Nuestra fe en el veneno”, de Franc3s, realizado por Javi Camino, e "Grelo 66", de Kastomá, realizado por Gaspar Broullón e Matías Tarrío
Premio do público ao mellor videoclip: "In silence", de Catpeople, realizado por Adrián Pérez

|