Fillas e fillos de Cans

Venres 4 | 16.30 h. | Baixo de Carlos | Capacidade: 50 persoas (con preinscrición).

“Fillxs de Cans” é unha das seccións máis emocionantes, máis especiais e das máis esperadas polo público. As realizadoras e realizadores agasallan aos espectadores fieis do Festival de Cans cos primeiros minutos inéditos das súas películas antes da estrea e da súa presentación oficial en salas e festivais.