|
SALA 3.
CASA DO BUGARÍN
|
 |
ALISTÁN,
O DEMO OVEIRO
Dirección:
Virxinia Curiá e Tomás Conde
Producción: Lúa Films
Producción Executiva: Emilia
Neira, X.M. Suárez
Guión: X.H. Rivadulla Corcón
Duración: 11 min.
Sinopse: A incontinencia peideira dun
demo verde semella que só pode atopar a solución nun
lugar pouco común: un galiñeiro. O problema é
que as ventosidades demoníacas cheiran que alimentan, e están
a piques de provocar unha catástrofe peideira. Ata o mesmo
Cunqueiro (que inspirou os personaxes), disfrutaría con esta
curta.
Ano: 2003
|
| |
|
 |
CORTEN
Dirección, guión
e animación: Mario Iglesias
Producción: Mourisca produccións
Duración: 4 min.
Sinopse: ¿Cre vostede que os
monigotes teñen alma de persoas ou que as persoas son monigotes?
Esta curta resolve con humor as dúbidas existenciais ó
respecto, nun diálogo surrealista entre homes e monigotes.
Ano: 2002
|
| |
|
 |
MINOTAUROMAQUIA, PABLO NO LABIRINTO
Dirección e guión:
Juan Pablo Etcheverry
Producción: Ignacio Benedetti
Producción Executiva: Xosé
Zapata
Música: Igor Stravinsky (adaptada
por Xurxo Varela e Pablo Pérez)
Duración: 11 min.
Sinopse: Etcheverry vólvenos
a sorprender coa maxia da plastilina. Desta volta propón
unha viaxe arredor do universo de Pablo Picasso. O artista está
perdido nun labirinto onde se van cruzando con el tódolos
seus personaxes como enanos, amantes cubistas e un minotauro que
o acosa. Todo envolto na inquietante música de Stravinsky.
Nominada ós Goya como mellor curta de animación.
Ano: 2004
|
| |
|
 |
ANIMHOMBRE
MACHINE
Guión e Dirección:
Carlos Davila
Deseño personaxes e story: Xosé
Gheada
Animación, Texturizado e Iluminación:
Alex Saavedra
Modelado: Nacho Abia
Producción: Carlos Davila
Son e Música orixinal: Guillermo
Fernández
Ano: 2004
Duración: 12 Min.
Sinopse: Se perdes o tren e quedas
tirado nun andén, podes facer tempo e probar a entrar nunha
misteriosa sala chamada Animhombre Machine. Alguén poderá
botarche unha man ... ou máis de unha man, e de paso esperas
polo seguinte tren.
Curta nominada ós Premios Mestre Mateo.
|
| |
|
 |
CASTIN
Dirección e guión:
María Lodeiro, Cova Pérez, Melva Santalla e Xaquín
Carpintero
Producido por Master Creación
Dixital (MCCD, Universidade da Coruña)
Actriz: Elina Luaces
Duración: 3´ 30"
Ano 2003.
Sinopse: Un casting para monecos en
3D non é o mesmo que un casting para actores de carne e oso,
pero todo o mundo ten dereito a intentalo. Sobre todo se aspiras
a ser o prota da próxima peli da factoría Dygra.
|
| |
|
 |
BLACKAT
ESPANTAT
Dirección e guión:
Fernando Cortizo
Narrado por: Isabel Rey
Música orixinal: Carlos Fernández
Unha producción de: Artefacto
e Gala
Ano: 2004
Duración: 4´50"
Sinopse: ¿Qué pasa cos
gatos negros cando morren as meigas dos contos que os protexen?
Poida incluso que se convirtan en animais normais, e descubran que
o mundo real é moito máis cruel que o dos contos.
Unha reflexión sobre os animais comúns, por algo o
seu autor, Fernando Cortizo, é de profesión veterinario.
(móvese entre a esquizofrenia da realidade, dos contos e
da animación) animais reais e de ficción.
|