![]() |
FESTIVAL DE CANS 2005
|
![]() |
|---|---|---|
|
|
||
|
|
aaaPASEN E VEXAN! curtas,
chimpibuses, música, VOLVE O AGROGLAMOUR, AAAAFestival de Cans II Está vostede cansado de ver dende casa actores e actrices brindando con champán? Pensa que non vale a pena gastar tanto en pedras e escotes para pasearse por unha alfrombra vermella? Magóanlle a vista os flashes e os dentes hiperbranqueados das stars da pantalla? Está farto deses iates longuísimos conducidos polo máis granado de Hollywood? Necesita vostede un cambio de aires. Apague o televisor. Brinde con nós cunha caña en vaso plástico. Luza as súas camisas/camisetas/saias/pantalóns, o que lle veña en gana. Mergúllese na escuridade cómplice dos alpendres. Coñeza os límites da velocidade subido a un chimpibús. Non lle preste máis atención ao festival de Cannes. Esqueza a Costa Azul. Déase unha volta polo Porriño e visite a aldea de Cans, a meca da curtametraxe galega. Goce co Festival de Cans, o auténtico! |