Portada do festival

 

FESTIVAL DE CANS 2005

 

Portada do festival


Información práctica

CANS

Aquí vivimos uns catrocentos habitantes. Esta é a típica aldea galega completamente espallada e, agora ademais atravesada por unha autovía. A aldea está ubicada nun pequeno val entre o Monte Castelo e o Monte da Risca, tradicional lugar de recreo dos porriñeses.
Enclavada na Nacional-120, Cans foi tradicionalmente unha aldea que era un deses lugares de paso da Rota dos Camioneiros, e demais viaxeiros. Houbo épocas, que nuns cen metros, houbo ata catro tabernas, que daban servicio ós que viaxaban por estrada. Agora só se mantén unha, o Fortes, un histórico.
Esta ubicación á beira da estrada e en relación coa Rota dos Camioneiros, fixo que nesta zona empezaran a concentrarse algúns negocios de hostalería nocturna, fácilmente recoñecibles polos seus grandes neóns de cores. Parecido a Las Vegas, pero todo moito máis tranquilo.