|
AS SALAS
En Cans as salas de cine desbordan agroglamour. Alpendres
e baixos cambian por un día os seus usos habituais para acoller
pantallas, proxectores e demais. O Festival conta este ano con cinco salas.
Catro delas acollen as curtas a concurso:
zzzCasa do Pato
zzzCuberto de Antonio
zzzCasa de Bugarín
zzzCasa do Carreira
Delas, en tres delas proxéctanse curtas de ficción e noutra
as de animación. Un sistema rotatorio permite aos que teñan
tiquet pasar polas catro salas e non perderse ningunha curta.
A quinta sala é novidade desta edición: o jalpón
friki. Será de acceso libre e nela pasaranse algunhas das propostas
máis extravagantes entre as curtametraxes galegas recentes.
OS CHIMPIBUSES
A revelación do Festival na súa primeira
edición foi o seu medio de transporte oficial: os chimpibuses.
Estes
pequenos transportes vístense de gala para a ocasión e deixan
de carrexar herba, abono ou millo para encargarse de mover a público
e invitados dunha sala a outra.
Os chimpibuses son conducidos polos veciños de Cans. Cunha velocidade
límite de 20 quilómetros por hora?, a viaxe non ofrece confort
pero si máxima diversión.
A flota deste ano aumenta. Serán catro os chimpibuses que percorran
os camiños da parroquia.
|