![]() |
FESTIVAL DE CANS 2005
|
![]() |
|---|---|---|
|
|
||
|
Información práctica COMO
CHEGAR Desde Vigo.- Autovía en dirección Ourense. No primeiro desvío de autovías na entrada do Porriño, seguides en dirección Ourense-Madrid. A uns dous quilómetros, na saída número 303, á dereita xa vedes claramente indicado Cans. Desde que fixeron as autovías estamos sinalizados como se foramos Nova York. Desde Ourense.- Autovía en dirección a Vigo. Pasades Ponteareas, e uns doce quilómetros máis adiante, a altura do Alto do Confurco, hai unha desviación á dereita onde está sinalizado Cans (saída 303) Desde Tui- Portugal.- Autovía en dirección Vigo-Pontevedra, e a altura do Porriño desvío en dirección Ourense- Madrid. A uns dous quilómetros, á dereita, saída número 303, está indicado perfectamente Cans. Desde o Aeroporto de Peinador.-
Estrada en dirección Alto de Puxeiros. No alto hai que desviarse
á esquerda, empezar a baixar ata entrar na Autovía que baixa
ó Porriño. Antes do Porriño, seguir dirección
Ourense-Madrid, e desviarse á dereita na saída número
303.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||