Portada do festival

 

FESTIVAL DE CANS 2005

 

Portada do festival


Entradas e merchandising


ENTRADAS

Ás entradas para o Festival dan acceso ás catro salas-alpendres nas que se proxectan as curtametraxes participantes.
En total hai trescentos tickets. O acceso ás salas funciona cun sistema rotatorio. Segundo o número do ticket, deberás seguir unha orde para así poder entrar en todos os alpendres e ver as doce curtas de ficción e seis de animación.

As entradas póñense á venda ao prezo de 4 € a partir da tarde do venres 13 de maio. Lugares de venda: Bar Liceum (O Porriño) e Bar Fortes (Cans). Só se poderán mercar 5 como máximo por persoa. Non se admitirá reserva.

Para acudir á noite de estrea do venres 20 e ver o documental e a actuación de Transportes Hernández e Sanjurjo; para entrar no Jalpón Friki durante toda a tarde do sábado, para pasarte polo torreiro e tomarte unhas cañas mentres escoitas a Os Increíbles Fasidú… para todo isto non fai falta entrada. Entrada libre e gratuíta.


MERCHANDISINGCamiseta 2005

Camisetas

As camisetas do festival véndense a 7 euros a peza. Témolas en modelos de home, muller e nen@, dende a S á XXXL. Faite con unha e presume de Cans polo mundo enteiro.

Chapas

Xa podes levar o Festival no corazón. Ou na solapa, o bolso, o abrigo… Por 1 euro a chapa pequena, 1,50 a mediana e 2 euros a grandota. Ti escolles: un can, dous cans, ou o auténtico chimpibús!

Chapa Chimpibús Chapa grandota Chapa mediana Chapa pequena