Portada do festival

 

FESTIVAL DE CANS 2005

 

Portada do festival


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AS CURTAS. Ficción

 

 

SALA 1. CASA DO PATO

VIAXE A FINLANDIA

Dirección e guión: David Hernández
Producido por: Luz Divina Films
Actores: Isabel Naveira, Xulio Abonjo
Música: Menos Gaitas
Duración: 13 min.
Ano 2005
Sinopse: Dous actores, unha habitación, e unha ilusionante viaxe a Finlandia. ¿pero Finlandia é un país ou un estado de ánimo? Unha proba máis de que o amor sempre nos transporta a países exóticos.

   
A CONSULTA DO DR. NATALIO

Dirección: Xavi Camino
Guión: David Gómez e Xavi Camino
Producido por: La Hez Enterteinement
Actores: Pilar Miguélez, Álvaro Novo, Juanillo Esteban
Duración: 12 min.
Ano: 2005
Sinopse: Florentina está desesperada polo mal que padece o seu fillo. Só o Dr. Natalio Palomino, un barbeiro-cirurxián de reputación infame, pode axudala. ¡Que Deus o pille confesado!. Serie Z en estado puro, aderezada cun pouco gore.

   
A BOA CALIGRAFÍA

Dirección e guión: Alex Sampayo
Fotografía: Juan Hernández
Producción: Carlos Taboada
Duración: 20 min.
Ano 2004
Actores: Rosa Álvarez, Xosé M. Olveira "Pico", Blanca Cendán, Antonio Durán "Morris".
Sinopse:
A curta premiada nos últimos premios Mestre Mateo. Na Galicia dos anos 50, Rosa atopa unha carta de amor na chaqueta do seu home, pero non pode descifrala: non sabe ler. Magnífica interpretación de Rosa Álvarez.

   
NOTAMOTOF

Dirección e guión: Rubén Coca
Producción: Rubén Coca PC
Fotografía: Santiago Rajac
Actores: Jaime Martín, Ruth Núñez, José Lifante
Duración: 9 min.
Ano: 2004.
Sinopse: "Amelié" amosounos que os fotomatóns poden servir para namorar. "Notamotof" invítanos a andar con ollo: non te fíes demasiado, unhas fotos poden cambiarche a vida.

 

 

SALA 2. CUBERTO DE ANTONIO

A VALENTE

Dirección e guión: Isabel Ayguavives
Producción: Isabel Ayguavives, Rafael Álvarez, Roberto Monge
Actriz: Laura Ballesta, Blanca Nicolás, Pedro Miguel Martínez.
Duración: 6 min.
Ano: 2004.
Sinopse: A vida enteira pode pasarche pola cabeza en 10 segundos eternos. Sobre todo se es unha nena á que lle chega a ameaza a casa en forma de practicante. Unha curta para ver coa respiración contida.
Productora: El Médano Producciones.

   

COCO E BOBO, DE PASEO POLA REALIDADE

Dirección e guión: Xosé Díaz
Productor Executivo: Tono Mugico
Productor: Román Gutiérrez
Actores: Antonio Coucheiro "Cou", Borja Fernández, Marta Pazos, Manuel Cortés, Luis Zahera, Xesús Ron, Simone Negrín, Emma Silva, Natalia Outeiro.
Duración: 20 min.
Sinopse: Unha homenaxe ao cine mudo de Chaplin e Keaton. En branco e negro, sen palabras e con moito humor, Coco e Bobo deambulan en busca dun traballo xeitoso e un pouco de amor.

   

NA TERCEIRA HORA

Dirección e guión: Xacobe Vidal
Produción: Carlos Bouzós
Actor: Celso Bugallo
Duración: 8 min.
Ano: 2004
Sinopse: Celso Bugallo métese no papel dun vello que só ten unha fórmula para manterse vivo: reinventar a vida cotiá.

   

METAMORFOSE

Dirección e guión: Fran Estévez
Produción: Manuel Pena
Produciones Hipotálamo S.L.
Actores: Cristal Álvarez, Nacho Castaño
Duración: 20 min.
Ano: 2004
Sinopse: Fran Estévez fai a súa peculiar revisión do clásico de Kafka. Pobre Gregor! A ninguén lle gustaría converterse en becho.

 

 

SALA 4. CASA DO CARREIRA

INTENSIDADE

Dirección e guión: Mario Iglesias
Producción: Ángeles Estévez, Laura Moreno
Actores: Nancho Novo, Emma Álvarez León
Duración: 6 min.
Ano: 2003
Sinopse: Unha mirada intensa pode ter consecuencias inesperadas. Nancho Novo saberá o que é tolear ou que toleen por ti unha tarde de verán na terraza dun bar. Un coctail concentrado de tensión e emoción.


   
O DERRADEIRO CHANZO

Guión e Dirección: Xosé Manuel Quiroga
Producido por: PQR Films
Productores asociados: Antón Reixa, Luis Tosar, Pedro Acevedo
Música: Piti Sanz
Actores: Luis Tosar, José Angel Egido, César Martínez "Goldi", Piti Sanz, Marta Larralde, Camila Bossa, Consuelo Trujillo, coa colaboración especial de José María Iñigo e Minerva Piquero.
Duración: 23 min.
Ano: 2004.
Sinopse: Ascenso e caída dos Magical Brothers, un trío inclasificable liderado por Fran (Luis Tosar). José María Iñigo rescata do olvido a estes tipos con patillas, pantalóns de campá e bigotes "a lo algarrobo".

   

A TEORÍA DO ESPELLO

Dirección e guión: Pedro Alonso Corredoira
Producción: Xosé Zapata, Borja Pena, Álex Castro
Duración: 10 min.
Ano 2004
Actores: Luis Iglesia, Antonio Pellejero, Joaquín Lens
Sinopse: A piques de entrar no ano 2002, o tempo comeza a retroceder. ¿Cómo sería a vida, se fose unha conta atrás, nacer vellos e morrer coma nenos?

   
ONDE NON O ESPERAS

Dirección: Diego Méndez
Guión: Enrique González
Producción: David Paz, Javier Collazo
Actores: Carlos Sante, Maxo Barjas, Víctor Mosqueira, Miguel de Lira, Evaristo Calvo, Aurora Maestre, Tuto Vázquez, Feli Manzano, Antón Mourelos
Duración: 21 min.
Ano: 2004.
Sinopse: Unha parella en proceso de descomposición, un caco a tempo parcial e un trío inclasificable de currantes aos que se lles complica a mudanza. Vidas que se cruzan nun ascensor averiado que bota chispas.