|
VENRES 20: TRANSPORTES HERNÁNDEZ E SANJURJO +
MARIO MALAPERSONA
Abran
paso na noite do venres 20 de maio a dous transportistas singulares: Transportes
Hernández e Sanjurjo traen a Cans un cargamento inflamable de música.
Conducen o vehículo Julián Hernández, con máis
de dúas décadas de experiencia ao volante de "Siniestro
Total", e Rómulo Sanjurjo, mecánico-acordeonista de
"Os Diplomáticos".
Dende 1999 veñen repartindo con exquisita puntualidade os seus
paquetes de rock, pop, folk, blues e versións dos temas dos seus
grupos. Para despachar os seus envíos en directo sírvense
dun formato singular: voz, guitarra acústica, acordeón,
mandolina e bases eléctricas.
Xunto
con Transportes Hernández e Sanjurjo tamén estará
no escenario Mario Malapersona. Din de el que é a referencia do
novo folk industrial, algo así como o fillo punk de Javier Krahe.
En Cans presentará os temas do seu primeiro disco "... y tú
un poquito cabrón" que se publica en maio, editado por Discos
de Freno. www.discosdefreno.com
SÁBADO 21: OS INCREÍBLES FASIDÚ
A
parroquia de Guláns (Ponteareas) é o único lugar
do mundo que adianta a Cuba en músicos por habitante. Da "Salzburgo
galega", a terra dos ranchos, as bandas e Reveriano Soutullo, chegan
Os Increíbles Fasidú. Oito músicos compoñen
esta potente formación de ventos que provocaría a envexa
de Emir Kusturica. Os Fasidú prepararon por encargo do Festival
un repertorio baseado nas bandas sonoras de coñecidas películas
e series de televisión, que na tarde do sábado 21 de maio
farán soar en Cans. www.fasidu.com
FESTAS NOS BARES
Dende o 13 ao 22 de maio, a Festa do Cine extenderase
aos bares de copas do Porriño. Os locais agrupados en Espacio Noite
darán unha oportunidade aos cinéfilos de sentirse extra
da súa peli favorita
¡ou de todas!
Dúas fins de semana para percorrer os bares e tomarse unha copa
en La Chimenena no "Cabaret" de Lisa Minelli, que ao cobrar
nos pedirá "Money, money!". Ou aterrar n'A Cova para
brindar co Howard Hughes de "O aviador".
|