|
Unha selección de curtas este mércores
no Liceum
Este mércores o Bar Liceum do Porriño acollerá
unha sesión de cine cunha selección das mellores curtas
do Festival de Cans. Proxectaranse as curtametraxes premaidas: "Minotauromaquia"
en animación e "Intensidade", "A teoría
do espello" e "A boa caligrafía" en ficción.
Pasaranse ademais outras dúas curtas que tiveron unha acollida
do público moi positiva: "Onde non o esperas" e
"Corten".
A cita será ás 22:00 horas do
mércores 25 no Bar Liceum. O prezo das entradas é
2 euros, gratis para os socios do Liceum.
|