|
Información
práctica
ONDE
COMER
Bar do Festival.
No mesmo punto de encontro do Festival de Cans, no torreiro á beira
da Igrexa. Cañas de cervexa San Miguel fresquiñas e demais
bebidas. Tamén poderás picar algo, sobre todo racións
de empanada. Un lugar moi animado; a calquera hora do festival te podes
atopar con actores, realizadores ou membros da organización. Ninguén
pode marchar do Festival sen tomarse aquí unha caña (como
mínimo).
Bar Fortes.
A 200 metros da Igrexa, seguido pola estrada arriba. Unha enorme casa
de pedra, fácilmente recoñecible polas súas portas
e ventás azuis. Un local que representa ese prototipo galaico entre
bar e tenda de ultramarinos. Leva sendo bar desde hai cen anos, e se vos
fixades aínda podedes ver nas paredes da entrada os aros de ferro
para amarrar os cabalos. No Bar Fortes preséntase sempre á
prensa o Festival.
Hai boas tapas e bos xerros de viño. Cómese ben (poden dar
fe Luis Tosar e Javier Krahe, entre outros). Os días do Festival
soe estar aberto ata a 1 ou 2 da mañá. Se queredes sentarvos
en plan xantar, tamén o podedes facer, pero hai que avisar con
tempo (Teléfono 986-331142).
Bar Moncho.
Está a uns cen metros da Casa de Bugarín (Sala de animación),
na estrada que vai cara ó centro do Porriño. O bar clásico
onde todo Cans bota a partida. Se berran moito, non vos asustedes; aquí
as cousas funcionan así. Hai menú do día, a prezo
módico. Se vades a xantar un ou dous non hai problema. Para grupos,
mellor reservar (986- 333000)
A Taberna de Herminia.
No Alto do Confurco, en dirección a Ourense. A un Kilómetro
da Igrexa de Cans. Mellor ir en coche. Tapas e viños. Outra tenda-bar,
agora reformado cun certo gusto. Está ben para tomarlle un viño
e unha tapa.
Outros.
Baixando pola estrada de Cans ata O Porriño, atoparedes dous clásicos
da Rota dos Camioneiros (que ten no club Cisne o epicentro). Son os restaurantes
Guanabara e Castro, de gran tradición en menús. Comida a
bo prezo, e amplos aparcamentos.
|