|
Información
práctica
ONDE
DURMIR
Hotel Internacional.
Antonio Palacios,99 (986- 330262)
Outro dos puntos clave do Festival. Aquí hospédanse os membros
do xurado e do equipo técnico. Ten unha boa relación calidade-prezo,
e se hai bo día, ten unha boa terraza para disfrutar dunhas cañas,
como pode certificar Julián Hernández, de Siniestro Total.
Hotel Parque.
Parque do Cristo S/N (986- 331604)
Un tres estrelas no Parque do Cristo, o corazón do Porriño.
Moi tranquilo, e tamén cunha terraza digna de visitar.
Motel Acapulco.
Rúa Antonio Palacios,147 (986-331597)
Entre o Hotel Internacional e o Restaurante Castro. Un Motel de Estrada,
dos de meter o coche debaixo e subir para a habitación. Se analizades
un pouco algúns negocios nocturnos da zona, sacaredes rápidas
conclusións. As habitacións son moi amplas e confortables.
No baixo está o Restaurante Albariño, algo máis caro
que os anteriores.
Albergue Municipal.
A organización do Festival facilita acomodo gratuíto no
Albergue Municipal de Pelegríns. Teñen preferencia os curtametraxistas
e actores dos mesmos, ata completar aforo disponible. Os interesados,
contactade por medio da web, co Festival de Cans.
|