![]() |
FESTIVAL DE CANS 2005
|
![]() |
|---|---|---|
|
|
||
|
|
CELSO BUGALLO, PREMIO DE HONRA PEDIGREE '05 O actor pontevedrés Celso Bugallo recibirá
o premio de honra do Festival de Cans, o "Pedigree'05", como
recoñecemento á súa traxectoria profesional e a súa
implicación e apoio aos novos valores da curtametraxe en Galicia.
A organización quere recoñecer coa entrega deste galardón
a un actor dun Celso Bugallo obtivo en 2003 o recoñecemento xeral polo seu papel de Amador en Os luns ao sol de Fernando León de Aranoa. Na última edición dos premios Goya, logrou o galardón na categoría de actor de reparto pola súa interpretación do irmán de Ramón Sampedro no filme de éxito internacional Mar adentro. Pero a traxectoria de Bugallo, nado en 1947 en Vilalonga (Pontevedra) é xa longa. Iniciouse no teatro nos anos setenta. Compaxinou os seus traballos teatrais cos seus inicios no audiovisual. Entre 1988 e 1992 promoveu a Aula de Formación de Actores. Dende finais da década dos noventa intensificou a súa presenza en televisión e cine e convertíuse nun dos rostros máis recoñecidos das pantallas galegas, cos seus papeis en series como Mareas vivas e Terra de Miranda e filmes como A lingua das bolboretas e A vida que che espera. Ademais, Celso Bugallo non deixou de protagonizar
curtametraxes galegas, co que amosa a súa disposición a
colaborar cos novos valores do noso cine. Na pasada edición do
Festival de Cans puidémolo ver en duelo interpretativo con Saturnino
García en O derradeiro grolo.
|