![]() |
FESTIVAL DE CANS 2005
|
![]() |
|---|---|---|
|
|
||
|
|
A
primeira edición A primeira edición do Festival de Cans, o ano pasado, supuxo un gran éxito de público e repercusión mediática. Máis de 600 persoas pasaron por Cans o día do festival, entre o numeroso público que asistiu ás proxeccións e os que se achegaron para gozar do bo ambiente que alí se creou. Proxectáronse dezasete das mellores curtametraxes galegas realizadas do ano 2000 en diante, cunha gran aceptación por parte do público. "A petición de man" (Ver Foto), de Ben Temple, obtivo os premios do público e do xurado á mellor curta de ficción, e "De tripas y corazón" (Ver Foto), de Juan Pablo Etcheverry, conseguiu o de mellor curta de animación. Outorgouse tamén un premio honorífico, que nesa primeira edición recoñeceu a Luis Tosar. O premiado actor galego foi un dos moitos famosos que se achegaron ata Cans para coñecer o festival: alí estiveron actores como Antonio Durán "Morris", Camila Bossa, Miguel de Lira; xornalistas como Suso Iglesias ou Xosé Manuel Pereiro e músicos como Guillermo Hernández, Javier Krahe, Víctor Coyote e Toñito de Poi.
|